Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000) analizaa «historia vivida» da literatura galega en Madrid, ao tempo quereconstrúe os quereres e mais os faceres dos grupos de madrigalegosque foron quen de conformar, nunhas circunstancias de opresiónpolítica e cultural, unha conciencia político-lingüística e undiscurso literario galegos en Madrid nos últimos cincuenta anos doséculo XX. Con este marco de referencia, Ana Acu?a establece cinco etapas, cincotramos cronolóxicos a través dos cales se moven os principais gruposxunto con outros menos cohesionados e menos disidentes: 1952-1954(Mocedade Universitaria Castelao), 1958-1961 (Brais Pinto), 1965-1969(Seminario de Cultura Galega do Club de Amigos da Unesco de Madrid),1974-1986 (Lóstrego, Irmandade Galega, Irmandade Galega-Lóstrego) e1996-2000 (Grupo Bilbao). Na obra, onde aparecen as voces de 54 protagonistas destes grupos,recollidas con exquisita metodoloxía e presentadas con rigor e fluidez pola autora, amósase de que xeito os madrigalegos crearon unha seriede rexistros necesarios para a reconstrución do sistema literariogalego e para o devir histórico de Galicia.