O PERVERSO GOBERNO DE FEIJÓOSete anos en negroCómpre unbalance do desgoberno de Feijóo. Sete anos perdidos, seteanos ennegro. Este é o «éxito económico» de Feijóo: no primeirotrimestrede 2009, co goberno bipartito (PSOE-BNG), Galiza ti?a162.700 persoasdesempregadas, cunha taxa de paro do 12,22%, eacababa 2015 con222.700 parados e unha taxa do 17,74%, nese mesmoperíodo, a débedapública de Galiza pasaba de 3.923 millóns deeuros a 10.375 millóns,e Galiza perdía máis de 18.000 millóns deeuros na súa capacidade degasto, pasando de 11.793 millóns deeuros en 2009 a 8.873 millóns en2016. Galiza recada cada ano 3.000 millóns de euros máis do que despoisinviste o Estado na nosanación. Perdemos 8.464 millóns de euros dendea entrada en vigor do sistema de financiamento autonómico en 2009. EFeijóocalou.Retroceso no Estado de Benestar. Recorte de 237 millóns deeuros noorzamento de Sanidade (un 18%), hai un proceso deprivatización da sanidadepública e suprimíronse máis de 3.000postos de traballo. Recortede 256 millóns de euros no orzamento de Educación desde 2009, coaperda de máis de 2.000 ensinantes. Hai23.672 persoas dependentes, queseguen esperando por unhaprestación, e 465.852 persoas (o 16,14% dapoboación) viven naGaliza por debaixo do limiar da pobreza.Desmantélase o sistemafinanceiro galego e as caixas fusionadas véndense,a prezo desaldo, a un banco venezolano. Perdemos o Banco Pastore o nosoaforro tamén emigra. Abandono de sectores estratéxicos danosaeconomía: volven as tractoradas en defensa dun prezo digno paraoleite, paralización da construción naval, temos menos barcos depescae perdemos caladoiros, a Xunta practica unha nefasta política forestal e oPP prorroga a concesión a Ence na ría de Pontevedraaté 2073.Continúa a corrupción nos concellos galegos e ofinanciamento ilegaldo PP. O presidente da Deputación de Ourense,José Manuel Baltar, estáprocesado por ofrecer traballo a cambio de sexo. E Feijóo non sabía nada.