Könyv O portugués esquecido - 2ª ed. Sánchez Rei

O portugués esquecido - 2ª ed.

Nyelv: Galíciai
Kötés: Puha kötésű
Elérhetőség: 50 % esély
Keressük az egész világon
20 080 Ft
Durante séculos, a oralidade popular das rexións setentrionais de Portugal conservou trazos fonético...

Információk a könyvről

Nyelv
Galíciai
Kötés
Könyv - Puha kötésű
Kiadva
2022
oldal
620
EAN
9788484875611
Enbook ID
42477476
Súly
696
Méretek
140 x 210

Teljes leírás

Durante séculos, a oralidade popular das rexións setentrionais de Portugal conservou trazos fonéticos, gramaticais e lexicais que corresponden, na actualidade, a características diferenciadoras do galego a respecto do padrón lusitano. Os gramáticos, lexicógrafos e tratadistas da metrópole lisboeta combatéronas enerxicamente xa desde os inicios da tradición gramatical portuguesa no século XVI. Mais a maioría delas, por motivos culturais, históricos, sociolóxicos etc. conseguiu sobrevivir até aos anos finais do século XIX ou primordios da seguinte centuria e, nalgúns casos, inclusive se mantiveron na nosa época. Laiovento congratúlase en dar a lume este estudo que aprofunda neses elementos lingüísticos considerados hoxe marcadamente galegos, e, até non hai moito tempo, tamén idiosincráticos da lingua oral dialectal do Minho e de Trás-os-Montes.NOTA Á SEGUNDA EDICIÓNTranscorridos apenas algúns meses desde que este traballo foi dado a lume pola primeira vez, a boa acollida que tivo evidenciou a necesidade dunha nova saída do prelo. Vaia a nosa gratitude, antes de máis, para todas as persoas que mostraron interese por el, as cales, parafraseando a citación de Estevan da Guarda que abre as portas da obra, enveredaron os camiños ?d'antre Doiro e Minho? d'O portugués esquecido. Precisamente, varias desas lecturas que fixeron amizades e colegas serviron para repararmos nalgunha gralla, ao paso que tamén se tornaron úteis para reflectirmos á volta de determinadas cuestións ou sobre a focaxe aplicada a diversas temáticas. A actual segunda edición, grazas á xentileza de quen leu o texto ao pouco de ser publicado, emenda eses pequenos erros de que puidemos ter noticia, en canto mantén os mesmos capítulos e contidos que a primeira; caso haxa oportunidade no futuro, aqueles e estes poderán ser debidamente actualizados.Finalmente, non quereriamos deixar de aproveitar a oportunidade para agradecermos a Laiovento o facto de apoiar con entusiasmo a publicación deste estudo, xa agora no seu segundo lanzamento ao público. Sen dúbida, a Galiza que soñamos ficaría máis lonxe sen proxectos como o que representa aquela feliz aventura nada en 1990 e que fai da lingua e da cultura galega e en galego a razón da existencia da editora.Agra do Orzán,A Coruña, Febreiro de 2022

Érdekelheti

Punto de mira

Luis Torrecilla Hernández
7 083 Ft
10 665 Ft
3 906 Ft

Goodfellas

Martin Scorsese
4 896 Ft
15 975 Ft
3 934 Ft
3 934 Ft

Flautoškola 2

Ján Kvapil
6 122 Ft

Prayer Manual

Gene B. Moody
2 946 Ft
12 753 Ft

Azok a vásárlók, akik ezt a könyvet megvásárolták, a következőket is megvásárolták

Jew of Malta

Chloe Preedy
6 672 Ft
12 490 Ft
19 863 Ft

Vegano e Gustoso

Alessia Bellavista
12 022 Ft
5 900 Ft

Insanity

Dale Mayer
5 277 Ft

Schools for Sale

Ariel H. Bierbaum
49 401 Ft
5 538 Ft

Aloe Vera : une plante magique

Ankur Harshadbhai Dwivedi
18 888 Ft
59 140 Ft
11 659 Ft